Eventos. Identificación e Abordaxe da Violencia de Xénero. Conversas co profesorado.

Identificación e Abordaxe da Violencia de Xénero. Conversas co profesorado.

Proposta didáctica dirixida ao profesorado de Infantil e Primaria dos centros educativos do Concello de Tomiño que tratará sobre a identificación e abordaxe da Violencia de Xénero nas aulas.

Obxectivos:

• Promover a toma de conciencia sobre a importancia dos/as profesionais como modelos de referencia de relacións igualitarias para as crianzas.

• Facilitar as ferramentas e coñecementos necesarios para a detección nas crianzas de situacións de Violencia de Xénero.

• Proporcionar as pautas e coñecementos necesarios para unha correcta abordaxe dos casos detectados dende o centro educativo.

Actividade financiada con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad, a través da Secretaría de Estado de Igualdad.

Podes seguir o día a día do evento no noso facebook.

DATAS: 27, 28 e 29 de Maio.

LUGAR e HORARIO: 

  • CEIP de Sobrada: luns 27 de 16:30 a 19:00
  • CRA Mestre Manuel Garcés: martes 28 de 17:00 a !9:30
  • CEIP de Barrantes: mércores 29 de 16:30 a 19:00