Eventos. #Igualanzas. Obradoiro de Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero.

#Igualanzas. Obradoiro de Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero.

#Igualanzas é un proxecto de prevención da Violencia de Xénero na ESO que consiste na realización de varios obradoiros sobre igualdade e educación afectivo-sexual.

Obxectivos:

  • Que coñezan o significado da Violencia de Xénero e as súas consecuencias, así como que sexan capaces de identificar relacións baseadas no control e o dominio

  • Facilitar as ferramentas necesarias para que o alumnado detecte, e identifique, os estereotipos e prexuízos sexistas impostos pola sociedade dende idades temperás, aprendendo a deconstruílos e permitindo a construción de novos modelos de masculinidade e feminidade.

  • Iniciar a ruptura co modelo de sexualidade dominante (coital-xenital e andocentrista) que perpetúa as desigualdades de xénero, fomentando unha sexualidade sá, onde tódalas identidades son lexítimas e outras vivencias de ser “home” e “muller” son posibles.

Este proxecto realízase en colaboración coa ANPA Solleiro. 

DATAS: Do 21 de Outubro ao 6 de Novembro.

LUGAR: IES Antón Alonso Ríos (Tomiño).

Axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar, promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. 

Operación cofinanciada con fondos finalistas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.