A Carón Psicología
Cargando...
Eliminar precarga

Blog. Dereito ao anoxo.

Dereito ao anoxo.

Ilustración de Quino.

Nos últimos días as redes sociais énchense de mensaxes, de compañeiras/os de profesión e doutras disciplinas, compartindo guías, imaxes e vídeos sobre a necesidade de ter un afrontamento positivo da situación que estamos a sufrir.

Cremos na parte sa mais tamén cremos no noso dereito a anoxarnos. Cada quen xestiona as adversidades como ben pode e lle deixan. Estamos no noso dereito de chorar, berrear e de enfadarnos.

Insistir na necesidade de ter que ser positivo ad infinitum ante as adversidades pode trasladar a percepción de que é unha obriga, e ao non ser capaces, trasladar o foco (dunha causa externa) a unha incapacidade interna de cada quen, xerando deste xeito máis frustración nas persoas que non poden/non saben ou utilizan outras estratexias para afrontar esta situación.

Lembra que se non tes ganas de facer nada, non apresures a curarte polo momento.


Deja tu comentario

Los campos con * son obligatorios