Proposta didáctica con profesionais do centro educativo IES Antón Alonso Ríos do Concello de Tomiño que tratará sobre a identificación e abordaxe da Violencia de Xénero nas aulas.
Actividade financiada con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad, a través da Secretaría de Estado de Igualdad.
Obxectivos:
• Promover a toma de conciencia sobre a importancia dos/as profesionais como modelos de referencia de relacións igualitarias para os/as adolescentes.
• Facilitar as ferramentas e coñecementos necesarios para a detección de relacións en adolescentes baseadas no control e a dominación.
• Proporcionar as pautas e coñecementos necesarios para unha correcta abordaxe dos casos detectados.
DATAS: 11 de Abril.
LUGAR: IES Antón Alonso Ríos de Tomiño