As familias, as escolas e todos os axentes sociais directa ou indirectamente contribúen ao proceso da socialización e por tanto, participan activamente nos procesos de construción da masculinidade nas crianzas.
É fundamental deconstruír arquetipos hexémonicos de masculinidade, que son o xerme de moitas das violencias sufridas e exercidas, e promover outras formas de ser, estar e sentirse home.
Neste obradoiro dirixido a persoas usuarias de Aldeas Infantiles SOS Galicia, dámoslle continuidade aos realizados con anterioridade ao longo deste ano en materia de Igualdade e de Prevención da Violencia de Xénero
Obxectivos:
- Favorecer a detección e identificación dos estereotipos e prexuízos sexistas impostos pola sociedade dende idades temperás, que dan lugar a modelos de masculinidade, iniciando a sua decontrución e permitindo a creación de modelos alternativos.
Deseñamos este obradoiro dende a metodoloxía LEGO® SERIOUS PLAY®, de xeito que as persoas participantes sexan as protagonistas, construíndo historias, compartindo experiencias e xogando coas mans, convencidas de que o proceso (e o seu resultado) verase fortalecido.
DATAS: 28 de Xuño.
LUGAR: Aldeas Infantiles SOS Galicia.