Eventos. Estratexias para unha crianza en positivo

Este encontro enmárcase dentro das actividades que leva a cabo o Concello de Tomiño con “Medrando en Familia”, programa socio-educativo para previr situacións de marxinación social e centrado prioritariamente nas familias con menores de 6 anos.

Será impartido pola psicóloga e Terapeuta Familiar, colaboradora do noso gabinete, Helena Lopo Díez.

Educar é unha tarefa esixente e ardua. Esixe paciencia, observación e sobre todo creatividade, xa que cada neno/a é único/a e irrepetible, e vive nun contexto (familia) tamén único e irrepetible.

Debemos ter interés constante por aprender, por coñecer ás nosas crianzas e as súas necesidades e tamén como funcionamos como familia e como nos inflúe, na educación das crianzas, a nosa experiencia persoal pasada como nenos e nenas.

Ao longo das dúas sesións abordaranse, dunha maneira amena e fundamentalmente práctica, cuestións relativas á aprendizaxe de normas e límites ante situacións de desobediencia reiterada e a como fomentar a responsabilidade e autonomía, base para acadar madurez e aprender de maneira constante durante toda a vida.

Por último, centrarémonos nas emocións e a importancia da xestión adecuada das mesmas, tanto nas familias como nas crianzas, para a regulación da súa conduta.

Durante o período entre a primeira e segunda sesión as familias terán a oportunidade de pór en práctica na súa vida diaria as pautas e técnicas que se proporcionen o primeiro día para, na segunda sesión, analizar e debater sobre as solucións intentadas fallidas e exitosas e as reaccións das crianzas ante as mesmas.

Para inscribirte pincha aquí.

Podes seguir o día a día do evento no noso facebook

DATAS: 8 e 22 de Abril.

LUGAR: Casa da Cultura (Tomiño)